EDUCACIÓN

A concurso a xestión da Escola Municipal de Música

23/07/2007 A Xunta de Goberno local aprobou os pregos de cláusulas administrativas e iníciase o expediente de contratación da xestión da Escola Municipal de Música. Unha vez rematado o actual contrato, realizarase outro, por un ano, prorrogable por outro máis.

Fíxase un tipo de licitación variable en función do número de alumnos. Así, ata 200 persoas matriculadas, será das tarifas dos usuarios máis 120.000 euros. A partir de 200 matriculados, o importe estará composto polas tarifas dos usuarios máis 360 euros por alumno e ano, cun máximo de achega municipal de 90.000 euros.

Solicitude de subvención
Tamén en materia educativa, acordouse solicitar dúas subvencións de 65.000 euros para o mantemento das escolas infantís municipais de Conxo e de Fontiñas.

Compartir: