ALCALDÍA

Recepción á Orde do Camiño de Santiago

21/07/2007 Como cada sábado antes do Día do Apóstolo, a Orde do Camiño de Santiago celebrou o seu Capítulo Xeral. Nesta ocasión tratábase da XI edición e entre os actos programados estaba unha recepción en Raxoi, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Antes de acudir ao Concello, as damas e cabaleiros da Orde do Camiño de Santigo asistiran pola mañá á Misa do Peregrino e celebraran unha comida na carballeira de Santa Irene, en O Pino, nun tramo do Camiño. Logo, en San Domingos de Bonaval, realizouse o acto de investidura de damas e cabaleiros. E tras a recepción en Raxoi, cea de gala no Hostal dos Reis Católicos.

A Orde do Camiño de Santiago ten a súa sede en Melide e realiza as súas actividades principalmente o sábado anterior ao Apóstolo Santiago. As damas e cabaleiros teñen a obriga de realizar o Camiño de Santiago cando menos unha vez na vida, así como gañar o xubileo en todos os anos xacobeos.

Compartir: