FESTAS

O Círculo Lírico de Galicia presenta a posta en escena en Santiago de "La verbena de la Paloma"

19/07/2007 O concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, e o director de "La verbena de la Paloma", Paco Navajas, presentan o venres, 20 de xullo, esta actuación, que terá lugar o sábado 21 de xullo na praza da Quintana.

Esta obra ten a súa acción en Madrid, durante a celebración da verbena do 14 de agosto. O argumento fúndase no pequeno drama de amor e celos entre o caixista, Julián, e a chulapa Susana. Ésta e a súa irmá Casta, que viven coa tía Antonia, vella aproveitada e un pouco celestina, coquetean co boticario Don Hilarión, vello verde que se fai ilusións, sen darse conta de que as dúas só queren divertirse. Pero este xogo dá como resultado e causa os celos de Julián, atendido pola maternal "Seña" Rita. Despois dalgunhas peripecias na verbena, o vello queda burlado e triunfa o amor de Julián e Susana.

A estrea de "La verbena de la Paloma" suscitou un grande interese entre o público do chamado "teatro por horas". A función da estrea foi no famoso Teatro Apolo de Madrid, en 1894, cun cheo completo. Ricardo de la Vega, autor da obra, baseouse nun incidente da vida real. Tomás Bretón foi o encargado de poñer música a esta obra.A obra de teatro "O conde Alarcos" chega a Santiago dentro da súa xira itinerante ao longo do Camiño de Santiago

Teatro
A compañía de Teatro da Gavela presenta o venres, 20 de xullo, ás 20:30 horas, na praza das Praterías, a obra de teatro "O conde Alarcos". Esta compañía nace en Lalín no 2006 da man de varios artistas locais. A obra de teatro que representarán é a escollida para iniciar a súa actividade teatral. Esta peza corresponde a un entremés anónimo do século XVII.

A compañía intenta conservar as antigas formas de representación das compañías propias da época na que se creou a obra. Así, comezan a súa andaina cunha serie de funcións que a levará por diferentes vilas do camiño de Santiago situadas no Camiño da Prata. A xira remata mañá coa súa chegada á capital galega (xa pasaron por Triacastela, Samos, Sarria, Portomarían, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino.

Todo o espectáculo está baseado no Romance do Conde Alarcos nas distintas versións peninsulares, e nas moitas pezas teatrais que deron lugar a dito romance: a "Farsa Alarquina", anónima de metade do século XVI; "El conde Alarcos", comedia de Guillén de Castro; e o paródico "Entremés do Conde Alarcos", tamén anónimo, e do século XVII, que vai ser o texto base da representación teatral da compañía.

Compartir: