EDUCACIÓN E DEPORTES

Inaugurada oficialmente unha nova edición de Ferradura Aberta

12/07/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de varios membros da Corporación municipal, inaugurou oficialmente unha nova edición de Ferradura Aberta. As actividades prolongaranse ata o 27 de xullo.

Sánchez Bugallo tivo ocasión de compartir uns minutos cos rapaces que participaban nos distintos obradoiros e espazos deportivos que integran Ferradura Aberta. A Banda Municipal amenizou tamén esta apertura oficial, cambiando o escenario da súa habitual actuación dos xoves.

Todos os nenos composteláns e visitantes de 2 a 14 anos están chamados a participar en Ferradura Aberta. As actividades desenvólvense de luns a venres en horario de 18:00 a 21:00 horas. A participación é libre e de balde.

No Paseo da Ferradura da Alameda, calquera pode achegarse e participar nas actividades do seu interese. Hai obradoiros, espazos deportivos e un espazo lúdico con talleres para os máis pequenos. Os pais e nais tamén teñen reservado un lugar mentres agardan polos seus fillos.

Compartir: