EDUCACIÓN

Apróbanse as listas definitivas para as escolas municipais de Conxo e Fontiñas

09/07/2007 As listas de admisión e de espera nas escolas infantís municipais de Conxo e de Fontiñas xa son definitivas para o curso 2007-2008.

Cada unha das escolas conta con catro aulas: dúas para nenos de 2 a 3 anos, unha para nenos de 1 a 2 anos e outra para menores dun ano. As de Conxo e de Fontiñas son as dúas escola infantís actualmente en funcionamento na cidade. No curso 2007-2008 entrará en funcionamento a de San Roque e tamén no 2008 estarán listas a do Polígono do Tambre e do Parque da Constitución.

Obras de reparación nos centros escolares
Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou un orzamento de 18.000 euros para acometer traballos xerais de mantementos nas instalacións escolares do Concello. Estas actuacións permitirán reparar avarías e desperfectos producidos durante o curso. Trátase de obras pequenas ou emerxencias, como traballos de albanelería, carpintería, fontanería, calefacción ou electricidade, entre outros.

Compartir: