ALCALDÍA

O Camiño, percorrido de convivencia

05/07/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a 100 escolares que están a participar dende o 27 de xuño no espazo de aventura "Camiño de Encontros", unha actividade organizada pola Obra Social de Caja Laboral. Esta iniciativa ten como as súas dúas grandes referencias a convivencia entre os mozos e a ruta do Camiño de Santiago.

O grupo está composto por estudantes de León, Zaragoza, Huesca, Burgos, Valladolid e La Rioja, todos eles en primeiro ou segundo de Bacharelato. Viviron 10 xornadas de aventura e convivencia que lles permitiron, entre outros aspectos, coñecer a cultura local de cada tramo do Camiño. Ademais dunha estanza en La Rioja, os rapaces coñeceron Burgos, León e Fisterra, ata chegar á meta da viaxe, Santiago de Compostela.

Compartir: