ALCALDÍA

Máis de 1.000 persoas reuniranse en Compostela no XII Congreso da Confederación Española de Transporte de Mercancías

05/07/2007 O presidente e o secretario xeral da Confederación Española de Transporte de Mercancías (CETM), Marcos Montero e Miguel Valverde Jiménez, pasaron pola Casa do Concello, onde se reuniron co alcalde Sánchez Bugallo. Anunciáronlle que, en setembro de 2008, Santiago acollerá o XII Congreso da entidade.

Os responsables de CETM convidaron ao alcalde a participar neste Congreso, que reunirá na cidade a máis de 1.000 persoas. A CETM está integrada por 33.786 empresas e 121.434 vehículos.

Compartir: