CULTURA

O Concello asina un convenio de colaboración coa Asociación Novo Circo-Pista Catro

02/06/2005 O Concello colaborará con 10.000 euros no desenvolvemento de actividades da Asociación Novo Circo e Cabaré Galega.

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, en representación do Concello, e Xandra Costas Goberna, representando á Asociación de Animación Sociocultural e Tempo Libre Novo Circo e Cabaré Galega, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o Concello achega 10.000 euros para o desenvolvemento dun programa de actividades relacionadas co circo e o cabaré.

O Festival Pistacatro 1 e 2, que traes a Compostela a artistas galegos e do estranxeiro; a VI Festa do Circo; un Cabaret Colectivo na Sala Nasa (que terá lugar os días 9, 19 e 11 de xuño), unha programación específica de verán na que se inclúe Teatro de rúa (actuacións en varias prazas de Santiago durante os meses de verán) e o Festival deGorra!, onde son os propios espectadores quen valoran e pagan as funcións dos artistas.

Néstor Rego sinalou que a sinatura deste convenio enmárcase "na concepción xeral de buscar colaboracións entre o Concello de Santiago e entidades a prol da cultura, da súa difusión e da formación", e amosou a súa satisfacción pola "verificación de que é posíbel poñer os esforzos de diferentes entidades cos mesmos obxectivos".

A sinatura deste convenio é a primeira formalización dunha colaboración da que se espera teña continuidade nos vindeiros anos.

Documentos relacionados



Compartir: