ALCALDÍA

A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, será a Delegada Rexia na Ofrenda do Apóstolo

04/07/2007 O xefe da Casa Real, Alberto Aza Arias, comunicou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a designación por parte de S.M El Rey da presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, como Delegada Rexia nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o 25 de xullo na Catedral de Santiago.

Nos últimos anos, desde 1999, S. M. El Rey Don Juan Carlos I realizou a Ofrenda en dúas ocasións, 1999 e no 2004, ambos Anos Xubilares; o ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, oficiou a Ofrenda no ano 2000; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, nos anos 2001 e 2005; a Infanta Cristina foi Delegada Rexia no ano 2002; o ex presidente do Parlamento, José María García Leira, no ano 2003. O último oferente real foi o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Compartir: