DEPORTES

Unha delegación de 89 participantes representará a Compostela nos VII Xogos do Eixo Atlántico

04/07/2007 O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, informou da participación do Concello de Santiago de Compostela nos VII Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán na cidade de Vila Nova de Gaia (Portugal) do 9 ao 14 de xullo. A delegación santiaguesa estará composta por 92 participantes, entre adestradores e deportistas.

Os VII Xogos do Eixo Atlántico participarán 18 cidades portuguesas e galegas, que se medirán en seis disciplinas deportivas diferentes: atletismo, baloncesto, fútbol-7, natación, voleibol e volei praia.

A participación máis numerosa por parte de Santiago terá lugar no baloncesto, con 10 integrantes en cada un dos equipos masculino e feminino, ademais de catro adestradores. O conxunto de fútbol-7 estará integrado por 14 xogadores e dous adestradores. En voleibol haberá un equipo feminino de 12 persoas Tamén haberá representación no atletismo en ruta, no atletismo de pista, na natación, no atletismo para discapacitados e no voleibol de praia.

AOs VII Xogos do Eixo Atlántico participarán 18 cidades portuguesas e galegas, que se medirán en seis disciplinas deportivas diferentes: atletismo, baloncesto, fútbol-7, natación, voleibol e volei praia.

A participación máis numerosa por parte de Santiago terá lugar no baloncesto, con 10 integrantes en cada un dos equipos masculino e feminino, ademais de catro adestradores. O conxunto de fútbol-7 estará integrado por 14 xogadores e dous adestradores. En voleibol haberá un equipo feminino de 12 persoas Tamén haberá representación no atletismo en ruta, no atletismo de pista, na natación, no atletismo para discapacitados e no voleibol de praia. Este último deporte incorpórase nesta sétima edición.

A selección dos participantes e adestradores correspondeu ás seguintes delegacións federativas: Club Deportivo Universidade de Santiago, Club Natación Santiago, Asociación ASPAS, Club IES Monte de Conxo, Delegación local da Federación Galega de Fútbol e Federación Santiaguesa de Baloncesto.

A localidade portuguesa de Vila Nova de Gaia sucede na organización dos Xogos a Santiago, que foi a anfitrioa en 2006. O evento, de carácter bienal, reunirá a máis de 1.500 mozos e mozas de 18 cidades do Norte de Portugal e de Galicia: A Coruña, Braga, Bragança, Chaves, Ferrol, Guimarães, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Peso da Régua, Pontevedra, Porto, Santiago de Compostela, Viana do Castelo, Vigo, Vila Nova de Gaia, Vila Real e Vilagarcía de Arousa.

O martes 10 de xullo celebrarase o acto oficial de inauguración no estadio Jorge Sampaio, no que estarán autoridades de todas as cidades participantes. Nesta ocasión coincide que o presidente do Eixo Atlántico é o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Compartir: