CULTURA

Arrincou unha nova edición de Vía Stellae

03/07/2007 Un programa monográfico dedicado a Mozart inaugurou no Auditorio de Galicia o II Festival de Música de Compostela e os seus Camiños "Via Stellae".

O evento ofrecerá actuacións musicais e outras actividades complementarias en 34 vilas e cidades galegas enclavadas nas rutas xacobeas, aínda que Santiago acollerá a parte máis ampla da programación.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou a outras autoridades no concerto inaugural do Festival. Todos eles puideron asistir a un programa de arias e oberturas de ópera e a unha sinfonía de Mozart. Os encargados de servir este repertorio foron artistas de primeiro nivel internacional, como a soprano Simone Kermes e o director Rinaldo Alessandrini, á batuta da Real Filharmonía de Galicia.

Compartir: