ALCALDÍA

O alcalde recibiu á ministra conselleira da Embaixada de Israel en España, Alona Fisher-Kamm

03/07/2007 A Casa do Concello acolleu a visita da ministra conselleira da Embaixada de Israel en España, Alona Fisher-Kamm, que foi recibida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Fisher Kamm está en visita privada en Galicia e pronunciou unha conferencia sobre o "A situación actual en Oriente Próximo: unha visión israelí" no Club Internacional de Prensa.

Alona Fisher é licenciada en Ciencias Políticas e master en relacións internacionais pola Universidade de Tel Aviv. Principiou a súa carreira diplomática en 1989 no Ministerio ce Asuntos Exteriores do seu país, departamento no que ocupou os cargos de primeira secretaria do Departamento de América Latina e subdirectora do Departamento de Conversacións Multilaterais pola Paz.

Antes de chegar á legación diplomática hebrea en Madrid, Alona Fisher foi segunda secretaria da súa Embaixada en Bos Aires e conselleira de medios de comunicación e voceira oficial na Embaixada de París.

Compartir: