BOMBEIROS

O Servizo de Extinción de Incendios dótase de novo equipamento

02/07/2007 A Xunta de Goberno aprobou a adquisición de diverso material para o persoal do Servizo de Extinción de Incendios. Deste xeito, dótase de novo equipamento ao corpo de bombeiros, por un importe de 16.278 euros.

O material a adquirir inclúe 76 unidades de monos, pares de botas, cubrecalugas aluminizados para casco de bombeiro e caixas contedoras de máscara de protección respiratoria. Tamén se mercarán 100 gorras e guantes.

Reforma da Oficina de Atención ao Contribuínte

Outro servizo municipal, o da Oficina de Atención ao Contribuínte, tamén experimentará melloras. Será en virtude das obras de reforma que nel se realizarán e que foron adxudicadas polo Goberno municipal por un importe de 57.500 euros.

Prórroga do contrato de mantemento da rede semafórica
En materia de tráfico, a Xunta de Goberno acordou prorrogar o contrato subscrito coa UTE Saínco Tráfico-Daviña para o mantemento, conservación e reparación das instalacións semafóricas de regulación do tráfico. A ampliación faise por un ano, a contar dende 1 de agosto, coa correspondente actualización de prezos de acordo á variación do IPC.

Compartir: