OBRAS

Póñense en marcha varias obras de accesibilidade e de eliminación de barreiras

02/07/2007 Por un importe de 199.800 euros foron adxudicadas diversas obras de accesibilidade supresión de barreiras arquitectónicas, incluídas no Convenio 2005-2006 subscrito co Goberno central e coa ONCE. Executaranse en seis semanas.

A actuación incluirá varios tipos de obras. Fundamentalmente trátase de actuacións en vías públicas, como rebaixes nas beirarrúas. Espazos coma os grupos Compostela e Cardenal Quiroga, o Paxonal ou o Cruceiro da Coruña serán os principais beneficiarios.

Con estas obras dáse continuidade a outras que xa se veñen realizando nos últimos anos e que levaron a que Santiago fose recoñecida co Premio Raíña Sofía de accesibilidade.

Compartir: