PROMOCIÓN ECONÓMICA

Máis de 80 expositores participarán na Feira do Comercio de San Pedro

28/06/2007 Dentro do programa de actividades das súas festas, o barrio de San Pedro celebrar unha Feira do Comercio. Será o sábado 30 de xuño e está prevista a participación de máis de 80 expositores.

A Feira instalarase na rúa de San Pedro, motivo polo que permanecerá pechada ao tráfico dende as oito da mañá ata as dúas da madrugada. O horario de venta será de dez da mañá a dez da noite.

Dos máis de 80 expositores, 30 son establecementos do barrio, que sacarán os seus produtos á rúa. O resto son artesáns e asociacións convidadas polos organizadores (ONGs e asociacións de veciños).

O mercado estará amenizado por charangas, gaiteiros e cabezudos. Durante todo o día haberá actividades de balde para nenos e nenas, como obradoiros de danza no Laboratorio de Movementos, un karaoke pola tarde e a actuación do mago Vituco. Tamén se desenvolverá a actividade "Astronomía na rúa", un obradoiro de instrumentos de manivela e unha obra de teatro.

Todos os que o desexen poder comer nos establecementos hostaleiros do barrio, que porán as súas mesas na rúa, e tamén no posto da comisión de festas, onde se ofrecerá empanada. A orquestra Superfama amenizará o evento tanto pola mañá como pola noite. No descanso da actuación da noite sortearanse dúas cestas con produtos dos comercios da zona.

Os comerciantes de San Pedro xa celebraran o 14 de abril unha feira de artesanía, co apoio da Concellaría de Promoción Económica e Comercio. Aquel mercado foi un éxito e serviu para financiar en parte a nova feira e as festas na que se enmarca. Daquela participaran 50 expositores.

O programa de actividades foi presentado polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, acompañado por Leonor Díaz, do establecemento Como pez en el agua; Diego González, de Isla Malabar; e Mercedes Vázquez, da Comisión de Festas.

Direccións relacionadas



Compartir: