EDUCACIÓN

O Consello Municipal de Educación celebrará unha sesión extraordinaria

01/06/2005 Á sesión extraordinaria do martes 2 de xuño asistirá o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, que expoñerá o "Informe e propostas de actuación arredor das prestacións en beneficio da comunidade que se poden aplicar aos menores infractores consonte á Lei Orgánica 5/2000 de 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores".

O Consello Municipal de Educación do Concello de Santiago, órgano de representación da comunidade educativa de Compostela, celebrará unha sesión extraordinaria o martes 2 de xuño ás 18.00 horas na sala circular do Auditorio de Galicia (Avenida do Burgo das Nacións). Nesta ocasión, contarase coa presenza do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela García, que expoñerá o "Informe e propostas de actuación arredor das prestacións en beneficio da comunidade que se poden aplicar aos menores infractores consonte á Lei Orgánica 5/2000 de 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores".

Esta intervención trata de dar resposta aos profesionais da intervención socieducativa perante as problemáticas de conflito social relacionadas coa adolescencia e a mocidade, un tema de especial interese, posto que supón unha intervención que formula alternativas á sanción penal. O ministerio fiscal achegará esta información aos profesionais e colectivos máis interesados por este tema, e que en poucos días será obxecto dun convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Familia.

Nesta sesión extraordinaria tamén se informará sobre as actividades do Departamento de Educación e Mocidade, e ademais tratarase a proposta de Plan de Obras Verán 2005 e a matrícula nos centros de ensino de Compostela.

Compartir: