ALCALDÍA

O presidente da empresa de doces tradicionais xaponeses Akafuku pasou por Raxoi

22/06/2007 Noriyasu Hamada, presidente de Akafuku, empresa de doces tradicionais xaponeses fundada hai 300 anos, visitou Raxoi, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

En 1707 nacía a primeira tenda de Akafuku mochi, un particular doce convertido nun dos más típicos de Xapón. O mochi é un pasteliño de arroz moído nunha pasta e despois moldeado. A súa elaboración e desgustación é toda unha tradición no país nipón, onde se consume en forma de doce, xelado ou sopa. O da empresa Akafuku é un dos de máis sona.

Compartir: