CULTURA

SCQ Danza pecha a programación de 2007 coa compañía Experimenta Danza

22/06/2007 Experimenta Danza, compañía profesional de danza contemporánea que naceu no 2003 baixo a direción de Carlota Pérez, pecha a programación de 2007 de SCQ Danza. Será o sábado 23 coa obra infantil "Arte a escea", ás 21:00 horas no Teatro Principal.

SCQ Danza é un ciclo que comezou en 2007 con carácter de continuidade e de ir medrando ano a ano. Nesta edición, ademais deste peche con Experimenta Danza, pasaron por Compostela os espectáculos de "No intre 1800" da compañía Pisando Ovos; a Nova Galega de Danza, co espectáculo "Engado, ilusionistas de a pé" e a compañía Erre que erre con "Deberían llover cristais".

O traballo de Experimenta Danza céntrase na escea contemporánea, danza infantil e interaccións da danza nos espazos de arte. A compañía está formada por Carlota Pérez, Armando Martén, Blanca Blanco, Alexis Fernández (Macca), David Loira e Katerina Varela.

Carlota Pérez colaborou cos coreógrafos Damián Muñoz, Gema Díaz e Chevy Muraday entre outros. No 2004 crea unha plataforma de danza para a formación de bailaríns profesionais e semiprofesionais a través de cursos e ciclos de formación e para elo conta con instalacións propias.

Compartir: