DEPORTES

Os xogadores de baloncesto do futuro compiten en Compostela no Campionato de España Infantil

21/06/2007 Do 19 ao 24 de xuño dispútase en Santiago de Compostela o XXVIII Campionato de España Infantil de clubs, tanto en categoría masculina como feminina.

Á marxe da propia competición, o evento acolle unha serie de actividades paralelas. No marco das mesmas, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, e parte da Corporación recibiron en Raxoi aos representantes dos clubs de baloncesto participantes.

Compartir: