PROMOCIÓN ECONOMICA

A Campaña de sensibilización para a formación chega a máis de 1.700 locais comerciais e hoteleiros

19/06/2007 O persoal da Campaña de sensibilización para a formación, destinada a comerciantes e hostaleiros, e posta en marcha pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio no marco do Plan de Excelencia comercial visitou 1.703 estabelecementos.

Do total, 807 respostaron á enquisa sobre cursos e actividades formativas nas que estarían interesados. A campaña, que comenzou o 28 de maio e rematou o 16 de xuño, realizouse cun dobre obxectivo: informar a comerciantes e hostaleiros sobre o Plan de Excelencia comercial e detectar as necesidades de formación e carencias do sector. Entre as conclusións figura o interese de comerciantes e hostaleiros por cursos prácticos, e por unha formación específica por sectores.

Os catro enquisadores contratados para a campaña, tres mulleres e un home, percorreron os distintos establecementos da cidade, que se dividiu en catro zonas.

1. Zona Monumental, Galeras, Casas Novas, Campus Norte, San Lorenzo, Vite e Vista Alegre. Nesta área visitáronse 520 estabelecementos e cubríronse 310 enquisas.
2. As Cancelas, Mallou, Outeiro, Concheiros, Salgueiriños, San Lázaro e Amio. Nesta zona visitáronse 180 locais comerciais e hostaleiros e cubríronse 130 enquisas.
3. A Almáciga, San Caetano, Belvís, a Trisca, Pontepedriña, O Castiñeiriño, Sar e Lamas de Abade. Visitáronse 250 estabelecementos e cubríronse 66 fichas.
4. Ensanche, Alameda, Campus Sur, Conxo, Choupana, Paxonal e Santa Marta. Nesta área visitáronse 753 comercios e cubríronse 301 enquisas.

O obxectivo da enquisa era detectar os cursos e actividades formativas nas que están interesados os donos e xerentes dos estabelecementos de Santiago. Ademáis, durante as visitas, o persoal da Campaña de Sensibilizacion contestou ás dúbidas dos comerciantes e hostaleiros e informóunos sobre as accións de promoción e dinamización comercial e as liñas de actuación do Plan de Excelencia Comercial ás que poden recurrir para dinamizar e modernizar o seu negocio, coordinadas a través do Servizo de Asesoramente ao Comercio.

A oficina do SAC, pertencente á Concellaría de Promoción Económcia e Comercio, está ubicada na Rúa Horreo nº 100, e funciona de 8,30 a 12,00 horas. Presta servizos de captación e asesoramento a emprendedores e comerciantes en activo, formación para comerciantes en activo e emprendedores, accións de dinamización e promoción comercial e hostaleira e asesoramento a asociacións. Ten un sistema de cita previa a través do teléfono: 981 568 752

O Plan de Excelencia Comercial, asinado entre a Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago, contempla un orzamento de 289.022 euros para financiar os servizos e actuacións que se acometan no sector. O seu obxectivo é conseguir un comercio atractivo, competitivo e de calidade, baixo a marca Compostela, capital de compras, coa finalidade de atraer ao maior número posible de clientes e converter a Santiago na capital de compras da euro rexión Galiza-Norte de Portugal.

Compartir: