GOBERNO MUNICIPAL

PSOE e BNG ratifican o Acordo de Goberno 2007-2011

19/06/2007 O presidente do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o voceiro do Grupo Municipal do BNG, Néstor Rego, asinaron o Acordo de Goberno para lexislatura 2007-2011. O documento contén os compromisos programáticos e o reparto funcional das tarefas municipais.

Para Xosé A. Sánchez Bugallo, "este acordo garante un goberno sólido e estable e co mesmo servimos aos intereses xerais da cidade". O alcalde manifestou a súa "satisfacción sen paliativos" por un pacto co que "beneficiamos ao conxunto dos cidadáns e garantimos que os proxectos da cidade saian adiante".

En semellantes termos se pronunciou o agora tenente de alcalde, Néstor Rego, quen indicou que "se da cumprimento ao que nos encomendaron os cidadáns o 27 de maio". Destacou que o acordo se asenta "na base programática da campaña", que recolle "dun modo sintético e ao mesmo tempo preciso".

Ámbolos dous reiteraron a publicidade que se lle quere dar ao acordo. De feito, os cidadáns recibirán nos seus fogares o contido do pacto asinado.

O acordo baséase nos principios de unidade de xestión e solidariedade, autonomía e eficacia. Ademais, partindo duns obxectivos xerais, establécense ata 44 medidas de goberno, que recollen os compromisos programáticos de ámbalas formacións.

En canto á organización municipal, establécese unha Tenencia de Alcaldía, que corresponderá a Néstor Rego, que representará ao Concello nos actos e actividades nos que non estea presente o Alcalde, que dará conta dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno e que presidirá a Comisión Paritaria de Comunicación. A Xunta de Goberno municipal composta polo alcalde e cinco concelleiros do PSdeG-PSOE, e polo tenente de alcalde e dous concelleiros do BNG.

Reparto de delegacións

O reparto de delegacións queda do seguinte xeito:
- Néstor Rego: Tenente de Alcalde. Concelleiro delegado de Cultura e Centros Socioculturais.
- Mar Martín García: Concelleira delegada de Benestar Social e Muller.
- Bernardino Rama Seoane: Concelleiro delegado de Obras e Infraestruturas. Delegado de Relacións Veciñais.
- Mercedes Rosón Ferreiro: Concelleira delgada de Urbanismo e Vivenda.
- Josefina Elvira Cienfuegos López: Concelleira delegada de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.
- Andrés Fariña Cadenas: Concelleiro delegado de Facenda e Orzamentos. Delegado de Deportes.
- Marta Álvarez-Santullano Fernández Trigales: Concelleira delegada de Mobilidade e Seguridade Cidadá. Delegada de Servizos (excepto auga e saneamento).
- Xosé Manuel Iglesias Iglesias: Concelleiro delegado de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
- José Ángel Baqueiro Canabal: Concelleiro delegado de Mocidade e Festas. Delegado de Sanidade e Consumo.
- Rosa Fernández Somoza. Concelleira delgada de Réxime Interior, Persoal e Reforma Administrativa.
- Francisco Candela Castrillo: Concelleiro delegado de Transportes e Mercados.
- Socorro García Conde: Concelleira delegada de Rehabilitación e Cidade Histórica.
- Guadalupe Rodríguez Silva: Concelleira delegada de Educación e Normalización Lingüística.

O PSOE presidirá as comisións informativas de Facenda e Réxime Interior, Urbanismo e a Especial de Suxestións e Reclamacións, mentres que o BNG presidirá as de Servizos e de Área Social. O tenente de alcalde será o segundo representante do Concello na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Compostela.

Documentos relacionados



Compartir: