BENESTAR SOCIAL

O Concello de Santiago recibiu o premio Cocemfe

15/06/2007 A concelleira de Benestar Social en funcións, Adelaida Negreira, recolleu en Madrid o Premio Cocemfe, outorgado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica. Compostela obtivo o premio na categoría de Corporación Local, polo seu traballo "na eliminación de todo tipo de barreiras para las persoas discapacitadas".

Santiago compartiu o premio nesta categoría con Murcia. No agradecemento pola súa concesión, Adelaida Negreira indicou que "o noso traballo na eliminación de barreiras en Santiago de Compostela non é un mérito único do Concello, que esencialmente puxo a parte á que está obrigado en defensa dos intereses polos que ten que velar, senón tamén das organizacións sociais e das entidades compostelás que traballaron e seguen traballando en prol da eliminación de barreiras".

A concelleira en funcións apuntou que o galardón "é un estímulo que nos dá ánimos para seguir traballando e buscando solucións que permitan eliminar cada día máis barreiras, non só físicas, senón tamén psicolóxicas. Santiago de Compostela ten ademais a dificultade engadida de facelo sen alterar substancialmente os ámbitos e as estruturas de carácter histórico ou monumental dunha cidade que é Patrimonio da Humanidade, o que face que ás veces as cousas teñan que ir máis lentas do que nos gustaría".

Xunto con Santiago e Murcia, foron galardoados a Obra Social de La Caixa, co Premio Empresa; a responsable do programa "La Buena Vida" (Punto Radio), Elena Markínez, co Premio ao Medio de Comunicación Social; e Miguel Pereira Echevarría, co Premio Traxectoria Humana.

Compartir: