PROMOCIÓN ECONÓMICA

Comeza o curso de Instalador de sistemas de enerxía solar térmica

14/06/2007 O 15 de xuño comeza o curso de Instalador de sistemas de enerxía solar térmica, incluído no Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) que imparte a Concellaría de Promoción Económica e Emprego. O curso consta de 355 horas lectivas. Conta con seis módulos propiamente formativos, Replanteo da instalación, Colectores solares térmicos, Radiación solar, Circuíto primario, Circuíto Secundario e Control, operación e mantemento; e dous módulos transversais, Formación para a igualdade e Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral.

Está previsto tamén que a vindeira semana comece o curso de carpintería, para o que sigue aberto o proceso de selección. A carpintería é un dos oficios que máis demanda laboral rexistra. O ano pasado insertouse laboralmente o 60% dos alumnos que realizaron esta actividade formativa. O curso, de 540 horas lectivas, contempla dous módulos transversais, Formación para a Igualdade e Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral, e outros dous módulos propios, Mecanizar pezas de madeira e taboleiros e Realizar montaxe en taller de elementos de carpintería.

Nos cursos de fontanería, xardinería e cantería xa empezaron as clases. Non obstante, os interesados aínda se poden inscribir en calquera destas actividades formativas. Nlgunhas aínda quedan altas por cubrir e nas outras pasarían a formar parte da lista de reserva da que se botaría man en caso de que se rexistren baixas de alumnos por enfermidade ou por incorporación ao mercado laboral.

Os interesados poden informarse, de luns a venres, nas instalacións da Concellaría de Promoción Económica e Emprego ubicadas na porta 9 do Multiusos de San Lázaro (Avda. Fernando Casa Novoa, 20) en horario de nove da mañá a dúas da tarde; ou no teléfono 981 542 493. A formación é gratuíta e impártese no Centro de Formación Ocupacional Sanxuás de Aríns. En todas estas actividades formativas existe unha alta demanda laboral.

Os alumnos que asistan aos cursos do Plan FIP pero que non logren insertarse laboralmente seguirán recibindo o apoio do Departamento. Poderán acollerse aos Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral postos en marcha pola Concellaría, a través dos que recibirán a orientación e a axuda precisa de titores especializados sobre cómo acceder ao mercado laboral.

Compartir: