PLENO

A Corporación saínte celebrou o seu último Pleno

13/06/2007 Unha sesión extraordinaria do Pleno municipal serviu para pechar unha nova lexislatura en Raxoi. Foi momento para aprobar as actas pendentes e para despedir aos concelleiros saíntes, á espera da toma de posesión da nova Corporación o sábado 16 de xuño.

Un total de trece concelleiros deixa o seu cargo, sumando aqueles que non se presentaron e os que no resultaron elixidos nas eleccións do 27 de maio. Anteriormente xa se despediran Luis Toxo e Xaquín Fernández Leiceaga polo PSOE e Dositeo Rodríguez polo PP.

Polo grupo socialista, non repiten Teresa García-Sabell, Adelaida Negreira, Teresa Regúlez e Carlos Nieves. Polos populares, causan baixa Jesús Pampón, Xaquín Cebeiro, José Luis Rodríguez Dacal, María José García Gómez, Juan Ramón Vidal, Carlos Pillado, Jacobo Pérez Paz e María Encarnación López Seoane. No BNG unicamente se despide Manuel Portas.

Despois da sesión de trámite, a Corporación celebrou unha cea de despedida.

Compartir: