MOCIDADE

Os grupos musicais dos locais de ensaio municipais xa dispoñen dun "book" propio

12/06/2007 Promover e facilitar o coñecemento dos grupos musicais dos locais de ensaio municipais é o obxectivo do "book" que a Concellería de Educación e Mocidade lles vén de preparar. Nesa publicación recóllense datos básicos sobre 40 grupos dos máis diferentes estilos.

A publicación inclúe unha ficha descritiva de cada grupo. Especifícanse todos aqueles aspectos que axudan ao coñecemento do grupo e da súa traxectoria musical por parte de comisións de festas, departamentos de cultura e festas dos concellos, salas de música, discográficas ou medios de comunicación. Tiraranse 2.000 exemplares deste "book".

Esta iniciativa forma parte do labor de promoción e difusión das actividades destes grupos, que tamén inclúe a organización de concertos, tanto organizados por departamentos municipais como por outras institucións ou salas.

Os locais de ensaio municipais están situados nos baixos do fondo sur do estadio de San Lázaro. Son espazos acondicionados e dotados co material necesario para que os mozos e mozas de Compostela ensaien nas súas dúas salas. Cada unha ten o seguinte material: batería con dobre pedal e tarima, amplificador de guitarra, amplificador de baixo, catro caixas autoamplificadas con pés, dous micrófonos, mesas, cadeiras, armarios e conexións eléctricas e cableado.

O seu horario de funcionamento é de 10.00 a 0:00 horas, agás os sábados, domingos e festivos, no que horario acúrtase ás 22:00 horas.

Compartir: