PROMOCIÓN ECONÓMICA

O 16 de xuño remata o prazo para que as empresas soliciten axudas para contratar alumnado de excelencia académica

08/06/2007 As empresas situadas en Santiago poderán contar entre o seu persoal cos mellores expedientes da Universidade de Santiago, grazas ao Programa de formación e prácticas en empresas para alumnas/os de excelencia académica da USC, deseñado pola Concellaría de Promoción Económica, e que levará o nome da Manuel Caeiro. Ata o 16 de xullo está aberto o prazo para solicitar as axudas.

O programa conta cun orzamento de 60.000 euros. A contía da subvención é de 12.000 euros por empresa e praza ofertada, polo que as firmas seleccionadas poderán incorporar ao seu cadro de persoal man de obra altamente cualificada.

O Programa de formación e prácticas en empresas para alumnas/os de excelencia académica da USC é a primeira iniciativa deste tipo que xorde en Santiago. Permitirá aos mellores expedientes fomentar especificamente a realización de prácticas en empresas cos estudos de posgrao. Ten un dobre obxectivo: por unha banda aproveitar o potencial deste alumnado, favorecendo a súa empregabilidade e evitando así a fuga de cerebros do concello compostelán, e por outra dotar as empresas de persoal altamente cualificado, necesario para incrementar a competitividade.

A iniciativa consta de dúas convocatorias. A primeira, que se pode consultar no BOP de A Coruña do 16 de maio, está dirixida a empresas; a segunda, que aínda non se publicou, a alumnado da USC. O programa é froito do traballo realizado na Rede de Cooperación Local e das conclusións das Roldas de Traballo desenvolvidas polos distintos axentes que participan na mesma. Está previsto que leve o nome de Manuel Caeiro, o anterior presidente do Polígono Industrial do Tambre.

Compartir: