OBRAS

Obras impulsa o plan de reparación e mantemento para actuar en 300 bancos

27/10/2024 O plan de reparación e mantemento de bancos para levar a cabo labores de repación, conservación e mantemento permitirá actuar en 300 unidades esparrexadas por diferentes puntos do Concello de Santiago. Esta actuación a cargo do departamento que dirixe Xesús Domínguez ten un orzamento de 15.000 euros (máis IVE) e levarase a cabo con cargo aos remanentes.

Concretamente, as actuacións previstas con cargo ao contrato, que foi adxudicado a Erit Itinera (entidade de inserción social), comezará coa mellora de máios de 40 bancos con incidencias rexistradas na Liña Verde do Concello (inclusive na rúa de Arzúa e avenida de Castelao) e 20 unidades no barrio das Fontiñas.

A necesidade do contrato vese xustificada pola avanzado estado de deterioro destes elementos, de distintos modelos e materiais, situados nos espazos públicos municipais fóra de parques, xardísn e áreas de xogo.

Esta actuación se suma a outras accións do departamento de Proxectos e Obras con cargo aos remanentes, como son o acondicionamento dos aparcadoiros dos centros educativos Ramón Cabanillas e Quiroga Palacios ou o pintado de barandas en San Lázaro, entre outras actuacións. O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, valora o avance e execución dos proxectos previstos con cargo a estas partidas e destacou o esforzo do departamento e os seus traballadores para avanzar nos compromisos para una Compostela mellor para a veciñanza.

Compartir: