CENTROS SOCIOCULTURAIS

Seguen as noites de música na terraza da Trisca

07/06/2007 Seguen a desenvolverse no Centro Sociocultural da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92) as "Noites de música na terraza". O xoves 7 de xuño actúan ás 22:00 horas a cantante Carmen Dor e a bailarina Martha Franco.

Estes concertos están a utilizar un espazo novo no centro, a terraza, un lugar ideal para realizar actividades pola súa situación e as súas vistas. Unhas 40 persoas poderán asistir a esta actuación, denominada "Bailando coa voz" neste marco privilexiado.

Compartir: