DEPORTES

O Vero Boquete acolle este domingo o VI Mini BTT Cidade de Santiago

20/09/2024 Os terreos aledaños ao Estadio Municipal Verónica Boquete en San Lazaro acollen este domingo, 22 de setembro, o VI Mini BTT Cidade De Santiago Memorial Luis Neira Fontao, organizado polo Club Ciclista Compostelano-MueblesCompostela. Asistirá a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro.

A competición desta fin de semana, que arranca ás 10.00 h do domingo, será a penúltima do calendario galego de Mini BTT, e de seguro definirá os postos do ranking galego das distintas categorías.

Ten previsión de reunir en Compostela a máis de 450 nenas e nenos federados, dos que 42 pertencen ao club organizador. A proba ten un percorrido total de 2350 metros e, segundo as idades, terán que completar un número determinado de voltas.

Este ano o circuíto modificouse, contando así con partes máis técnicas con respecto ás edicións anteriores, sobre todo para os ciclistas máis pequenos. A hora de comenzo será a partir das 10.00 horas, e cara ás 14.00 horas terá lugar o acto de entrega de trofeos por parte das autoridades.

Compartir: