PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nese sentido, María Rozas lembrou que nas cooperativas ou sociedades laborais "existe unha menor fenda salarial ou de xénero, hai máis mulleres en postos directivos, e faise unha aposta máis clara por medidas en prol da conciliación". De feito, segundo un informe recente da Confederación Española de Empresas da Economía Social a diferenza retributiva entre homes e mulleres neste tipo de empresas é do 3%, fronte ao 26% que se dá noutras empresas. A concelleira tamén salientou que "a economía social é un modelo de ampla implantación en Santiago, con máis de 100 cooperativas e case 70 sociedades laborais, moitas delas lideradas por mulleres que veñen demostrando a súa capacidade de traballo e o seu talento". O 7% das empresas de Compostela son empresas de economía social, fronte ao 5% do conxunto de Galicia.
Programa da xornada
A Xornada "Mulleres, líderes na economía social" celebrarase o 1 de outubro na Casa Xohana Torres, en horario de 9:45 a 14:00 horas. Ao longo da mañá están prevista diferentes palestras e intervencións coas que as asistentes poderán coñecer diferentes experiencias ligadas á economía social. A primeira delas será a de Dolores Calvo, presidenta da cooperativa Condes de Albarei, e da asociación "Nós as Mulleres". Tras dela, celebrarase un panel sobre mulleres líderes na economía social galega, coa participación de Rosa Salgado, de Miraxe; Silvia Alende, de Accede Social, e Charo González, da empresa de inserción Corno Integral.
A xornada completarase cun panel sobre liderados femininos emerxentes, con Cristina Fiaño, de Urdime; Claudia Rodríguez da sociedade cooperativa Alén, e Ana Corredoira, da sociedade cooperativa As vacas da Ulloa. Por último, haberá un debate, no que intercambiarán pareceres e experiencias os poñentes e o público asistente. A inscrición pode realizarse na web https://espazo.coop/
Tal e como explicou Ana Olveira, a xornada pretende "dar a coñecer as vantaxes e potencialidades da economía social, no recoñecemento laboral das mulleres e ás súas capacidades de liderado e dirección; coñecer boas prácticas de xestión empresarial, lideradas por mulleres, e xerar un espazo de networking que favoreza o coñecemento mutuo e que poida ser semente para procesos colaborativos e de intercooperación na economía social".`
Esta iniciativa enmárcase no convenio asinado entre a Concellaría de Promoción Económica e EspazoCoop para o impulso dun sistema emprendedor na economía social, un acordo que contempla outras actividades de apoio, asesoramento e formación. O convenio, que segue as liñas de actuación fixadas na Axenda 2030, conta cun orzamento de 39.000 euros.
O Concello de Santiago e EspazoCoop organizan a xornada "Mulleres, líderes na economía social"
17/09/2024 A Casa das Mulleres Xohana Torres acollerá o próximo 1 de outubro a xornada "Mulleres, líderes na economía social", organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop. A concelleira María Rozas explicou hoxe que o obxectivo é "mostrar as oportunidades que ofrecen a economía social, nomeadamente o cooperativismo, para o empoderamento das mulleres e o desenvolvemento de liderados femininos".
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a xornada nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop. A tenenta de alcaldesa explicou que "a Axenda 2030 dinos que o impulso á economía social debe ser unha das liñas do desenvolvemento económico de Santiago, pero ademais este é un modelo polo que debemos apostar se aspiramos tamén a un maior progreso social, en clave feminista".Nese sentido, María Rozas lembrou que nas cooperativas ou sociedades laborais "existe unha menor fenda salarial ou de xénero, hai máis mulleres en postos directivos, e faise unha aposta máis clara por medidas en prol da conciliación". De feito, segundo un informe recente da Confederación Española de Empresas da Economía Social a diferenza retributiva entre homes e mulleres neste tipo de empresas é do 3%, fronte ao 26% que se dá noutras empresas. A concelleira tamén salientou que "a economía social é un modelo de ampla implantación en Santiago, con máis de 100 cooperativas e case 70 sociedades laborais, moitas delas lideradas por mulleres que veñen demostrando a súa capacidade de traballo e o seu talento". O 7% das empresas de Compostela son empresas de economía social, fronte ao 5% do conxunto de Galicia.