DEPORTES

Compostela acollerá o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual

04/06/2007 As estradas e rúas de Compostela acollerán o domingo 10 de xuño o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual, nas súas categorías de elite Sub-23 e Sub-21. A Xunta de Galicia aprobou a celebración desta proba, que sairá de Salgueiriños e rematará en Xoan XXIII.

Uns 80 ciclistas tomarán parte nesta competición e percorrerán os 36 quilómetros dos que consta. O itinerario previsto é o seguinte: Salgueiriños, N-550 dirección Coruña ata Sigüeiro, Lavacolla, San Marcos, San Lázaro, Camiño Francés, Avenida de Castelao, Burgo das Nacións e Xoan XXIII.

Compartir: