DEPORTES

O Pazo de Raxoi acolle a presentación do xogador do Obradoiro Brad Davison

04/09/2024 Na presentación tamén participou o novo adestrador do equipo, Gonzalo Rodríguez.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada do novo adestrador do Obradoiro, Gonzalo Rodríguez, presentou a nova incorporación do equipo para esta tempada, Brad Davison.

A concelleira de Deportes apuntou que o compromiso municipal co Obradoiro ten unha dobre vertente: a deportiva e a da promoción turística da cidade. Lueiro destacou que o apoio do Concello ao Obradoiro busca xerar cohesión social e comunidade a través do deporte, fomentando o sentido de pertenza e o orgullo local. Tal e como sinalou a concelleira de Deportes, equipos como o Obradoiro reforzan un espírito de competitividade saudable que serve como exemplo e inspiración ás novas xeracións.

Brad Davison, estadounidense de 25 anos de idade e 193 cm de altura, xoga de escolta y chega a Santiago de Compostela procedente de Primeira FEB, na que xogou co HLA Alicante e asinou 18,5 puntos, 2,9 rebotes e 2,5 asistencias por partido. Na súa etapa universitaria, Davison xogou cinco anos no Wisconsin Badgers. Nesta estapa tivo unha media de 11,4 puntos, 2,1 asistencias e 3,5 rebotes por partido en máis de 160 encontros disputados na máxima categoría da NCAA.

Compartir: