ALCALDÍA

O Camiño de Santiago, en fotografías

02/06/2007 O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou no Hostal dos Reis Católicos a exposición fotográfica "Il Cammino e i Camminatori di Santiago di Compostela". Esta mostra, obra da duquesa dell’Aquila d’Aragona chega a Compostela tras percorrer catro cidades italianas e estará aberta ata o 17 de xuño.

A apertura da exposición, patrocinada por Turismo de Santiago, contou tamén co concelleiro de Turismo, Francisco Candela; e coa propia duquesa Maria Luisa Gaetani dell´Aquila d´Aragona. A mostra foi presentada anteriormente en Roma, Milán, Turín e Boloña.

Esta exposición nace do esforzo persoal e desinteresado da duquesa pola promoción en Italia da ruta de peregrinación e da cidade santa. Ela percorreu a pé o Camiño de Santiago en varias ocasións e recolleu coa cámara as súas vivencias na ruta.

Compartir: