FESTAS

Chaián celebra este domingo a XLVIII Festa do Escalo

18/07/2024 A Festa do Escalo de Chaián vénse celebrando desde hai máis de 40 anos, e inclúe o xa tradicional concurso de pesca de ciprínidos, así como unha concorrida festa gastronómica e posterior baile. Esta xornada conta co apoio do Concello de Santiago polo que está incluída no programa de Festas do Apóstolo 2024.

A Venatoria (Sociedade de Caza e Pesca "La Venatoria" de Santiago) é a encargada de organizar a competición deportiva de pesca de ciprínidos no seu acoutado de Chaián, no río Tambre. Este concurso, que conta co apoio dos Concellos de Santiago e Trazo, arrancará o vindeiro domingo ás 08:15 horas e pecharase ás 13:30 horas coa pesaxe das capturas e a entrega dos trofeos ás 13:45 horas.

No programa da xornada tamén está o IV Campionato dá Chave, ás 11:00 horas. A sesión vermú das 14:30 horas estará amenizada pola orquestra Suavecito, e ás 15:00 horas dará comezo a comida popular. Ás 18:00 horas comezará o tardeo animado por un DJ e partir das 21:00 horas a verbena amenizada pola orquestra Suavecito.

Compartir: