LINGUA

O Espazo Apego dá a benvida ao mes de xullo cun amplo programa de actividades

01/07/2024 A proposta de actividades para o mes de xullo no Espazo Apego está xa dispoñible e o prazo de inscrición aberto.

Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

A lingua medra

Esta actividade terá lugar todos os luns do mes ás 17 h no Espazo Apego.

Luns 1. Merendolas
Luns 8. Movéndonos con Apego
Luns 15. Quen vén?
Luns 22. Experimentamos
Luns 29. Experimentamos

Tardes de contos

Os martes do mes (2, 9, 16, 23 e 30) estarán reservados para as ‘Tardes de contos', un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0-3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Enredando e lingoretando

Os mércores desenvolverase a actividade ‘Enredando e lingoreteando’, un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 3. Xogamos coas palabras
Mércores 10. Fabricamos xoguetes
Mércores 17. Imos ao patio
Mércores 24. Xincana de palabras
Mércores 31. Xincana de palabras

Tachán!

Un xoves cada quince días ás 18:00 horas contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 4 - Fíos do querer de Çé Orquestra Pantasma (0-4 anos)

Xoves 18 - O eco das pedras de Raquel Queizás (+3 anos)

Compartir: