MOBILIDADE

O martes 25 de xuño entra en vigor o horario de verán no transporte urbano

20/06/2024 Este ano destacan dúas actualizacións importantes. En primeiro lugar, reforzaranse os servizos das liñas 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos para evitar incidencias. En segundo lugar, os horarios de verán coinciden co inicio das obras da rúa do Pombal.

Polo demais, as liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais da época estival.

Na páxina web de Tussa poden consultarse os horarios e frecuencias por liña.

Nos vindeiros días estará disponible nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

Compartir: