EDUCACIÓN E CULTURA

Comezan os concertos didácticos da Banda Municipal

24/05/2007 O venres 25 de maio, no Auditorio de Galicia, terá lugar o primeiro concerto do ciclo de concertos didácticos que organizan os departamentos de Educación e Mocidade e Cultura, xunto coa Banda Municipal de Música de Santiago.

Con este ciclo de concertos dáse continuidade ás actividades que xa se desenvolveron con éxito en cursos pasados. As sesións teñen como obxectivos fundamentais a promoción da música e o achegamento a unha das máis populares institucións da cidade, como é a Banda Municipal de Música.

Na sesión das 10:00 horas participarán 230 nenos dos centros Colexiata de Sar, A Inmaculada, San Paio, Os Tilos e E.I.M. Conxo. Dúas horas máis tarde, tomarán o relevo 265 alumnos cos colexios de Dodro, Santa Comba, Xacinto Amigo Leira e Vite.

Compartir: