DEPORTES

O alcalde recibirá en Raxoi ao Beirasar Rosalía

24/05/2007 Tempo de celebracións no deporte compostelán e do baloncesto en particular, tralo ascenso do Beirasar Rosalía á Adecco LEB. Despois da vitoria en Ourense, que supuxo o 3-0 definitivo na eliminatoria, xogadores, técnicos e directiva brindan o éxito á cidade.

Con este motivo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, e do resto da Corporación, recibirán ao equipo compostelán en Raxoi. A cita é o venres 25, ás 13:00 horas.

Será tempo para lembrar unha temporada exitosa, na que o Beirasar Rosalía, tras rematar en segunda posición a ligar regular, encadeou seis vitorias consecutivas nas dúas eliminatorias definitivas de ascenso. Despois de dous partidos apaixonantes gañados en Santa Isabel, foi en Ourense e fronte ao COB cando o equipo compostelán ratificou a súa volta á LEB.

Compartir: