ALCALDÍA

Escolas católicas de setenta países debaten o seu futuro en Compostela

24/05/2007 Santiago acolle ata o venres 25 de maio a Asemblea Mundial das Escolas Católicas, promovida pola Oficina Internacional da Educación Católica (OIEC).

Uns cen países forman parte desta organización non gobernamental, do cales sesenta están representados en Compostela. Dentro do programa de actos da Asemblea, os participantes foron recibidos en Raxoi por parte da Corporación municipal.

Nestas xornadas abordáronse cuestións como a consolidación da representación internacional da OIEC ou a necesidade de refundar e adaptar esta ensinanza católica aos novos tempos.

Compartir: