ALCALDÍA

Representantes da asociación de alzheimer Agadea visitan a Casa do Concello

27/05/2005 Representantes da Asociación Galega de Alzheimer departiron co alcalde os seus obxectivos, as actividades que realizan e as súas carencias ante a gran demanda que reciben.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a dúas representantes da asociación Agadea, que asiste en Santiago aos enfermos con alzhéimer.

O Concello colabora con esta entidade coa cesión do centro sociocultural de Vite para a realización das súas actividades.

Compartir: