TRANSPORTES

A liña 5 do transporte urbano modifica o seu punto de remate para dar un maior servizo

22/05/2007 O Concello de Santiago de Compostela, TUSSA e a empresa operadora de transporte urbano TRALUSA, adaptan a liña 5 ás novas necesidades do entorno dos barrios de Vite – Vite de Arriba e Vista Alegre.

A partir do mércores día 23 de maio, e unha vez rematadas as obras de urbanización da zona, que inclúe a instalación dunha marquesiña e de tres paradas, a liña 5 modificará o seu percorrido.

Así, o autobús da liña 5 (A Rocha-Conxo-Estación de Autobuses-Polígono de Vite) alongará o seu percorrido no último tramo pasando o remate da liña á rúa Roberto Vidal Bolaño. Dramaturgo. O percorrido que realizará ata o novo punto final é o seguinte: Bispo Diego Peláez (actual remate, fronte á facultade de Filoloxía) – rúa Gumersindo Busto Villanueva. Empresario – rúa Roberto Vidal Bolaño. Dramaturgo – rúa de Boiro – rúa Bispo Diego Peláez – e o seu percorrido habitual.

Deste xeito darase cobertura aproximadamente a 60.000 novos usuarios ao ano. Todos os usuarios dispoñen do número de teléfono 901 12 00 54 para aclarar calquera dúbida con respecto ao transporte urbano.

Compartir: