ALCALDÍA

O Campus Sur xa conta cun "Recanto da Saudade" para o reencontro dos antigos estudantes

22/05/2007 A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC inaugurou no Campus Sur o ‘Recanto da Saudade’. O acto, organizado en colaboración co Concello e a Universidade de Santiago, celebrouse fronte ao Sanatorio Nosa Sra. da Esperanza.

Á inauguración acudiron, entre outros, a concelleira de Presidencia e Relacións Institucionais, Teresa García-Sabell; o reitor da USC, Senén Barro; e o presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Perfecto Yebra Martul-Ortega. Colocouse un monólito de pedra, cunha placa, doada pola Asociación, que simboliza o regreso á cidade dos antigos compañeiros de cada promoción da Universidade.

A idea deste lugar especial de recordo xurdiu do finado Agustín Sixto Seco, que o pensou coma un espazo onde os antigos estudantes puideran reencontrarse e celebrar xuntos os aniversarios da súa graduación. Durante o acto falou un membro da familia de Sixto Seco.

Este lugar permitirá crear un sentimento e unha unión de por vida, tanto á institución da Universidade como á cidade de Santiago de Compostela.

Compartir: