ALCALDÍA

Visita Raxoi o secretario de Estado de Medio Ambiente da República Dominicana

21/05/2007 O secretario de Estado de Medio Ambiente e Recursos Naturais da República Dominicana, Maximiliano Puig, está de visita en Galicia. Aquí está a manter distintas xuntanzas co fin de establecer fórmulas de colaboración entre o país caribeño e Galicia en materia de xestión medioambiental.

Dentro da súa axenda figuraba unha recepción oficial no Concello de Santiago, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano. Acompañaron a Maximiliano Puig o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez; a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo; e o presidente de Sogama, José Álvarez.

Compartir: