DEPORTES

Bota a andar a recuperada Volta Ciclista da Ascensión

17/05/2007 Santiago recuperou, despois de dezasete anos, unha das probas ciclistas máis importantes da cidade, a Volta Ciclista da Ascensión. A competición botou a andar o xoves 17, día da Ascensión. O alcalde compostelán, recibiu aos participantes na chegada, na avenida Xoán Carlos I.

A competición celébrase os días 17, 18 e 19 de maio. Conta cun percorrido de 416,6 quilómetros, nos que o pelotón pasará por diversos puntos da cidade así como de 27 concellos veciños. A saída da carreira cada un dos seus tres días de competición realizarase na Praza de Europa (situada no Centro Comercial Área Central) e as chegadas serán na Avenida Xoán Carlos I.

Compartir: