LINGUA

O Concello únese á lembranza de María Mariño no Día das Letras Galegas

17/05/2007 Como cada ano, o Concello de Santiago sumouse aos actos de celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicadas a María Mariño. Este ano, dáse a circunstancia que esta xornada coincide co día grande das festas da Ascensión.

Despois da recepción realizada o martes 15 e de diversos actos organizados pola Rede de Centros Socioculturais, o Día das Letras Galegas é lembrado no bando do alcalde.

Sánchez Bugallo lembra esta data sinalada, que serve "para fortalecer e afianzar a nosa memoria histórica como pobo a través do sinal de identidade que nos é máis propio: a lingua". Ademais, refírese á figura de María Mariño é a conveniencia da recuperación da súa figura.

O Bando tamén anima a reflexionar "sobre a responsabilidade persoal e colectiva que nos corresponde na defensa do galego, piar básico na conservación da nosa identidade.

Compartir: