IGUALDADE

Continúa aberto ata o 29 de decembro o prazo para presentar traballos ao Premio Xohana Torres

14/12/2023 As propostas presentadas deberán abordar a participación das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega co obxectivo de reconstruír a súa memoria histórica. Poderán ser obras de carácter histórico, político, científico, literario, artístico... baixo a forma de ensaio, investigación ou creacións audiovisuais.

A esta convocatoria pode concorrer calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica e os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos, mais tamén pezas audiovisuais sobre as mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia. O prazo de presentación de obras permanecerá aberto ata o 29 de decembro de 2023 ás 14:00 h.

Cada premio, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual, estarán dotados con 2.500 €, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.

O Premio Xohana Torres recuperouse en 2016 tras varios anos sen convocarse e co obxectivo de recuperar a memoria histórica das mulleres de Compostela. Foi instituído no ano 1993 e, tras 17 edicións, decidiuse abrir o premio ao ensaio, tanto literario como científico.

Documentos relacionados



Compartir: