FESTAS

Aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis ‘A Estrela de Nadal’

13/12/2023 Todas aquelas persoas interesadas en participar como voluntarias ou acompañar a Cabalgata de Reis desde os trens poden inscribirse ata o vindeiro 21 de decembro a través dun formulario. A cativada tamén poderá solicitar a súa participación como paxes reais.

A cidadanía compostelá pode participar na Cabalgata de Reis 'A Estrela de Nadal' do vindeiro 5 dexaneiro de tres maneiras:

As persoas maiores de 18 anos ou menores acompañados por unha persoa adulta, poden participar como VOLUNTARIAS dentro dos combos da Cabalgata. Unha vez inscritas, a organización poñerase en contacto para darlles as instrucións.

A cativada nacida entre o 2009 e o 2013 pode tomar parte como PAXES REAIS. Hai un total de 12 prazas, polo que a selección farase mediante un sorteo entre toda a rapazada inscrita.

Ademais, o Concello de Santiago ofrece 120 prazas para acompañar a Cabalgata de Reis dende os TRENS. Poden participar persoas de todas as idades, pero a rapazada menor de 12 anos terá que vir acompañada dunha soa persoa adulta. Os/as menores de idade que superen os 12 anos e que queiran asistir sós deberán vir acompañados dunha persoa adulta que asinará unha autorización antes de iniciar a Cabalgata.

Inscrición

Para poder inscribirse nas diferentes modalidades da Cabalgata de Reis ‘A Estrela do Nadal’, é necesario cubrir o seguinte formulario. O prazo estará aberto ata o vindeiro 21 de decembro ás 12 horas. A elección de Paxes Reais farase mediante sorteo o día 22 de decembro as 12:00 no Teatro Principal. Unha vez enviado o formulario, a organización poñerase en contacto para confirmar a vosa participación na cabalgata

Compartir: