EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música celebra o vindeiro luns o seu Festival de Nadal

23/11/2023 O vindeiro luns 27 de novembro, ás 19:00 horas, a Sala Brage do Auditorio de Galicia acollerá o Festival de Nadal 2023 da Escola Municipal de Música. No concerto, as agrupacións e colectivos da EMM darán a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses.

Un ano máis a Escola Municipal de Música realizará o seu tradicional Festival de Nadal. Participarán todas as agrupacións que forman parte da Escola: os Coros infantís, xuvenil e de adultos, a banda de iniciación (Bandiña), a orquestra de iniciación (Orquestriña), o Combo de Música Moderna, o Conxunto de Música Tradicional, a Orquestra, a Big Band e a Banda. Entre todas elas conforman un elenco de máis de 250 alumnos e alumnas, con idades comprendidas entre os 8 e os 78 anos.

O repertorio que interpretarán fará un percorrido por diferentes estilos musicais, boa representación do eclectismo e a ductilidade do que fai gala o plan formativo da Escola. Deste xeito pasaremos pola música de compositores tan dispares como Doyle Brahmal II, Stevie Wonder, Miles Davis ou Tchaikovsky. Tamén terán cabida obras de orixe tradicional, arranxadas por directores/as e alumnado das agrupacións que participan no Festival.

A Escola Municipal ven de experimentar un crecemento progresivo durante os seus 20 anos de existencia, tanto en alumnado como en calidade, o cal levou a que este Festival de Nadal teña a súa localización na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, buque insignia da música en directo de toda Galicia. A cita será o vindeiro luns 27 de novembro ás 19h e as entradas para asistir están dispoñibles na propia Escola ata este venres 24 de novembro.

PROGRAMA

Orquestriña
(Directora: Loida Díaz)

French Folk Tune (Arr. Sheila Nelson)

Coro PEPA
(Directora: Simona Kantcheva)

Monte Viso (Tradicional, arr. Fernando Fontán)

Acompañamento: Chus Domínguez e Javier Poveda (cello), Fernando Fontán e Eva Pato (acordeón), Fernando Hernández (zanfona)

Orquestra
(Directora: Pilar López)

Vals das flores (P. I. Tchaikovsky, arr. Andrea Motas)

Orquestra, Orquestriña e Coros PEX e Xuvenil
(Directoras: Pilar López, Loida Díaz e Simona Kantcheva)

Carol of the Bells (Tradicional, arr. Loida Díaz)

Conxunto Tradicional e Coros PEX e Xuvenil
(Directoras: Pablo Pascual, Loida Díaz e Simona Kantcheva)
Nadal de Luíntra (Tradicional, arr. Pablo Pascual)

Combo Música Moderna
(Director: Marcos Teira)

Your mamma can’t help you no more (Doyle Brahmal II)

Nana de Zemanbiquo (Fran Pérez Narf)

Bandiña
(Director: Víctor Collazo)

MacDonald’s March (Jan de Haan)

Ob-la-di Ob-la-da (Lennon & McCartney) It’s Bandtastic (Jerry Williams)

Big Band
(Directores: Fernando Rey – Óscar Fernández)

Milestones (Miles Davis)

Superstition (Stevie Wonder)

Runaway Baby (Bruno Mars)

Banda
(Director: Óscar Fernández)

Greek Folk Song Suite (Franco Cesarini)

Ay Mamá (Rigoberta Bandini)

Compartir: