ALCALDÍA

Recepción á embaixadora de Turquía en España

21/11/2023 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi á embaixadora de Turquía en España, Nüket Küçükel Ezberci.

No marco dunha visita institucional a Santiago, a embaixadora Nüket Küçükel Ezberci foi recibida no Pazo de Raxoi, onde asinou no Libro de Honra en presenza da alcaldesa e varios representantes dos grupos municipais

Nüket Küçükel Ezberci ocupa o cargo de embaixadora de Turquía en España, desde setembro deste ano.

Compartir: