PARQUES E XARDÍNS

Reabre o parque infantil da Alameda con novos xogos inclusivos

17/11/2023 O concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, visitou o espazo infantil da alameda, ubicado xunto ao Campus Sur, para proceder á súa apertura logo da remodelación integral que supuxo a incorporación de novos elementos de xogo e a renovación de pavimento, nunha aposta pola inclusividade.

Con esta obra, para a que destinaron 300.000 euros, conseguiuse un parque inclusivo con xogos adaptados e destinados a idades entre 3 e 12 anos. Para a mellora deste espazo utilizáronse elementos naturais como madeira e area, que se complementan coa renovación do pavimento de caucho xunto con compoñentes de diversión aptos para cativada con diversidades funcionais.

A partir de agora, nenos e nenas poderán utilizar no tempo de lecer este parque renovado á beira da Alameda e de diversos centros de ensino que conta cun castelo, cunha casiña, carrusel, hamaca, tirolina e xogos de equilibrios, que servirán para se divertir e desenvolver habilidades sociais, destreza motriz e creatividade neste espazo de socialización, que tamén contribúe a fomentar valores de amizade e de compañeirismo de xeito inclusivo.

Compartir: